G-Night – Noite Galega das Persoas Investigadoras: o 30 de setembro de 2022, de 18.00 a 22.00 horas, para todos os públicos no Vello Cárcere de Lugo

Queres coñecer o que agochan as células? sobre realidade aumentada? impresión 3D, sobre xenética e máis? O vindeiro 30 de setembro, baixo o lema «Conciencias creativas», terá lugar en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras, en Lugo, será en O Vello Cárcere en horario de 18.00 a 22.00 horas, para persoas de todas as idades e condicións. 

Aberta e de balde para o todo o mundo, procúrase o público escolar e preuniversitario, mais tamén o familiar e adulto. Haberá propostas para crianzas desde primeiro curso de primaria, sen límite de idade. Debido á restrición dos aforos, é recomendable a preinscrición para participar nas actividades: Inscrición presencialmente no Vello Cárcere ou no 982 297 195. (Todos os días de 11:00-14:00, 17:00-20:30.)

ACTIVIDADES

Adaptaranse os espazos do Vello Cárceres para levar obradoiros nos que aprender a técnica da PCR ou a cuantificar a cantidade de proteínas do leite a través dun método fotométrico, ademais de realizar frotis sanguíneo ou coñecer o funcionamento da fibra óptica.

Tamén haberá obradoiros no eido das ciencias sociais que se achegarán ao cyberbullying e aos estereotipos de xénero. Para os máis pequenos ofértarse, asemade, un obradoiro de aprendizaxe cooperativa.

As demos serán tan variadas que irán da clonación de árbores in vitro ata a realidade aumentada e a impresión 3D, a fotosíntese artificial ou unha modalidade de hardware libre para rexistrar parámetros ambientais como a humidade ou a temperatura.

As punteiras investigacións que desenvolve o Campus de Lugo da USC con peixe cebra para a súa aplicación en doenzas humanas ou a determinación do grosor dun cabelo mediante difracción son outras das propostas.

CHARLAS

Público familiar

Prazas: Inscrición: presencialmente no Vello Cárcere ou no 982 297 195. Todos os días de 11:00-14:00, 17:00-20:30
LUGAR | O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n. Lugo)
ORGANIZA | Xuvenciencia e Agromar (Universidade de Santiago de Compostela)

> A análise sensorial: unha disciplina científica con moito miolo
Idade recomendada: todos os públicos
Horario: 18:15-18:45

> Xenética de vangarda aplicada á saúde, mellora e conservación de recursos biolóxicos
Idade recomendada: todos os públicos
Horario: 19:15-19:45

> Esqueletes á escea
Idade recomendada: todos os públicos
Horario: 20:15-20:45

En Lugo, a organización da Noite galega das persoas investigadoras correspóndelle ao Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, do Campus de Lugo da Universidade de Santiago, e á Asociación de Investigador@s do Campus Terra AgroMar.