Homenaxe ao ilustre lucense Enrique Alvarellos.
Este sábado 25/05 ás 12.00 na Mosqueira, a carón de onde tivo a academia e a editora
Enrique Alvarellos faleceu un 2 de xuño de hai 20 anos e a Concellería de Cultura vai a colocar unha praca conmemorativa na súa honra.
Farese a homenaxe este sábado 25/05 ás 12.00 na Mosqueira, a carón de onde tivo a academia e a editora desde 1963 ata o ano 2000.
O acto comezará cunha intervención da concelleira Maite Ferreiro, despois falará Cecilia Alvarellos en nome da familia, o Coro do Hospital intepretará un fragmento da Cantata á Lanzada composta por Enrrique Alvarellos e o clarinetista Gerard Vázquez interpretará Unha noite na eira do trigo de Xoán Monte. Como remate faráse unha ofrenda floral no lugar indicado.
