O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, recaeu no obradoiro Idoia Cuesta Cestería Contemporánea (Outeiro de Rei) pola súa peza Abisal, un cesto elaborado con tanza de pesca, un material plástico e translúcido empregado habitualmente para a pesca artesanal, que conforma a peza central dunha colección de cestos máis ampla e baseada na zooloxía mariña.
O xurado destacou que Abisal é unha “peza contemporánea cunha manufactura tradicional e unha manisfestación contuntende do oficio”.
Idoia Cuesta é unha referencia na actualización das técnicas da cestería e a súa aplicación a diferentes materiais coma o téxtil ou a tanza de pesca, como no caso de Abisal. Gañadora do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía no ano 2014 e do Premio de Artesanía Contemporánea 2021 outorgado pola asociación Sacco.
Os obradoiros Santiago Besteiro Design (Monterroso) e Jatafarta (Santiago de Compostela) resultaron finalistas neste apartado dos premios.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte