A Concellería de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, ven de presentar o novo material da campaña «Desconecta», para traballar nas aulas dos centros educativos de Lugo, destinado a actuar sobre os perigos das drogas con e sen substancia nas etapas de primaria e secundaria. Entre ese material destacamos as ilustracións do lucense Leandro Barea sobre o xogo (salas de apostas e casas de xogo), outra sobre o móbil e o seu uso e abuso, e unha terceira sobre o consumo das drogas; todas elas dirixidas a estudantes de secundaria/BAC.
Por unha banda está o material de primaria -wetransfer- , composto de 3 unidades temáticas para traballar cada unha nunha respectiva sesión. Estas unidades están acompañadas dun par de tablets de escritura –para as dinámicas-, e uns bolígrafos que se entregan na primeira sesión.
Os centros educativos poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para solicitar os obradoiros que conteñen este material: prevencionfamilias@concellodelugo.org
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte