Inaugurado o primeiro Coliving municipal de Lugo dedicado ao arte.
A inauguración tivo lugar no exterior do centro, construído ao pé do Camiño Primitivo, tras a rehabilitación por parte do Goberno local do que fora a vivenda do pintor e escultor Gómez Pacios.
Na apertura desta vangardista dotación, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sinalou que “nace co obxectivo de ser catalizador da cretividade e do desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural, pero tamén para contribuír á rexeneración desta zona estratégica de Lugo. Con este acto arrinca a actividade nesta nova dotación artística para dar a coñecer o edificio entre a cidadanía e os axentes culturais da comunidade”. Iso será ata primeiros do 2025, cando se prevé que entre en funcionamento o Regulamento das Residencias Artísticas Internacionais do Coliving.
“O calendario cultural e artístico consistirá en actividades que se desenvolverán este verán, orientadas a un público familiar”. Así, nas vindeiras semanas está previsto un taller de recoñecemento natural da contorna do Coliving, a cargo dunha artista contemporánea e paisaxista experta en vexetación urbana como é Noa Rodríguez, ou un paseo dinamizado polo Carme e exploración da botánica urbana. Mentres, “os eventos programados para o outono, se dirixen ao sector profesional e suporán a antesala do que será o funcionamento ordinario do colinving a partir de 2025”, explicou Mauricio Repetto, edil de Dinamización Económica.