Baiuca en concerto na celebración dos 15 anos do CEI-NODUS, entidade que dará apoio formativo e de xestión empresarial aos artistas residentes no coliving

Decembro 2019 A área de Desenvolvemento Sostible e Emprego do Concello de Lugo está a proxectar o que será o primeiro coliving artístico de carácter municipal de España para impulsar a creatividade nas distintas disciplinas artísticas nun escenario de experiencias e vivencias compartidas.

OO artistas, ao mesmo tempo que comparten lugar de traballo para desenvolver o seu proxecto creativo, compartirán vivenda e experiencias. Farano nun inmoble propiedade municipal ubicado no Carme, no Camiño Primitivo, no que o Concello traballa xa na súa rehabilitación. O edificio, ademais das habitacións, disporá de espazos en común e áreas de traballo, así como unha zona exterior para concertos, teatro ou exposicións cos traballos dos artistas residentes.

Ademais da formación creativa, o Concello, con apoio do CEI-Nodus, asesorará e formará aos artistas residentes na formación das súas propias empresas e axudará a polos en contacto dos distintos axentes culturais, de xeito que os acompañaremos no seu desenvolvemento profesional e empresarial.

En cada edición deste programa de colivig conformarase un comité de profesionais do mundo da arte con recoñecido prestixio, para a selección de mentores e creadores bolseiros. Os mentores seleccionados abrirán un dialogo con artistas en residencia en busca de formas, ferramentas e proceso propios do lugar.

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, anunciou que se está a traballar nas bases polas que “entregaremos bolsas anuais de axuda á produción e outorgáranse a un total de catro alumnos durante catro meses meses, coa consecuente presentación de resultados”.

Outras das claves deste proxecto é que sexa autosostible no ámbito ambiental pero tamén económico de xeito que se garanta a súa continuidade. Por iso, co fin de manter a actividade e dinamizar o espazo organizáranse accións de emprendemiento cultural durante todo o ano, tanto na casa do Carme como no local propiedade do Concello ubicado no coworking a pé de rúa da Tinería, onde se creará un punto de venda e espazo expositivo das obras destes artistas.