O fotógrafo lucense Adra Pallón – Premio de foto-xornalismo Galicia en Foco 2020 – inicia hoxe un proxecto para Viva Lugo sobre a nosa cidade. Un luxo contar con él xa que coas súas fotografías, unha vez ao mes, non só veremos Lugo, veremos o mundo en xeral e a condición humana en particular grazas á súa talentosa mirada. 

Compartimos hoxe a primeira serie fotográfica de «Eloxiemos Agora a Persoas Famosas – Xente con clase». Pola fotografía, pola cultura, por tempos máis pausados, reflexivos e críticos: a ver amodiño…

Eloxiemos Agora a Persoas Famosas

Xente con clase



Todas estas fotografías xorden baixo a seguinte premisa:


“Ver a cidade e a realidade a través dunha serie fotográfica que describa non ao individuo como tal senón ao colectivo”

Deambular coa cámara na procura de respostas a preguntas propias que se extrapolan a cuestións colectivas e obxectivas relativas a un tempo complicado e raro, sobre todo para os máis novos… Todos os meus paseos remataron nun lugar escuro, lúgubre e decadente que simboliza a desesperanza; pero este proxecto non trata diso. Este proxecto fala de nós dende a mirada humanista que aflora ao ter diante de ti a outra persoa. Este proxecto retrata a nosa xente, de novo aos máis.

Adra Pallón – Lugo 06/05/2021

ADRA PALLÓN 

Lugo. Fotoxornalista. 

Web oficial

Facebook

Instagram