Marga Portomeñe e Ana Carreira farán a ofrenda a Rosalía no San Froilán 2024
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a comisión de festas aprobou que a ofrenda a Rosalía correrá a cargo da artesá Marga Portomeñe e da escritora Ana Carreira.
Marga Portomeñe comezou a súa carreira artística no teatro, participando como actriz, docente ou deseñadora de vestirario.
O seu interese polas marionetas fíxoa anotarse a un curso impartido por Marcelino de Santiago «Kukas», onde aprendeu técnicas de construcción de máscaras, figuras ou cabezudos.
É especialista en restauración e construcción de xigantes e cabezudos, utilizando a antiga técnica dos mestres falleiros e incluíndo tamén o deseño e confección de vestiario.
No seu taller de artesanía, Portomeñekos, crea figuras artesanais aproveitando materiais reciclados, realizando encargos personalizados segundo cada cliente.
https://www.facebook.com/marga.portomene
Ana Carreira nace en Lugo en 1968.
Graduada en Arte Dramática pola ESAD de Galiza, é dramaturga, narradora oral e actriz.
Traballou como dramaturga para compañías como Vía 6, Limiar, Il Maquinario, Galeatro, Ítaca, Centro Dramático Galego e Ubú teatro.
Como narradora oral percorre bibliotecas, centros escolares, e calquera lugar onde se acollan contos.
É actriz en Pínconus e Ubú Teatro.
Acadou o IV Premio Varela Buxán de dramaturxia pola peza «Un intre antes do solpor» e o XII premio Manuel María de literatura infantil pola peza «Nin me amoles» (Xerais, 2023).
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte