Mercadiño e actividades de Nadal no Barrio de San Antonio de Lugo.
Sábado 14 de decembro – Fronte ao CIS (Centro Integral de Saúde, rúa da Saúde, Lugo) – de 12:00 a 21:00 horas

PROGRAMA:

Mercadiño: Un espazo cheo de postos con produtos para agasallar este Nadal.

Posto de Chocolate Solidario: Deléitate cun delicioso chocolate quente mentres colaboras cunha boa causa.

Photocall Navideño: Saca unha foto especial para lembrar este día!

Actuacións:

12:00 “Monstrólogo” con Trécola Producións. Unha eminencia no fascinante mundo da monstroloxía chega a Lugo! Descubre diferentes tipos de monstros, as súas habilidades e as curiosidades máis sorprendentes.

13:15 «Un Nadal encantado» con GEMOLA. Un espectáculo musical cheo de alegría, xogos e concursos con premios para toda a familia.

17:00 “Moito conto” con Ana Carreira. Sesión de narración oral. Historias nos que os protagonistas lle botan moito canto ás cousas que lles suceden.

19:00 “A caixa máxima do Nadal” con Mago David Méndez. Un espectáculo máxico que combina habilidade, inxenio e elementos tradicionais como ovos, cordas, froitas ou mesas que aparecen, desaparecen e incluso levitan!

Promove:

Asoc. Vecinos y Comerciantes Barrio San Antonio Lugo

https://www.instagram.com/barrio.sanantonio.lugo/