Lugo ten dous novos mercadillos de rúa este verán, o San Pedrín e A Milagrosiña, iniciativa coa que o Concello, a través da Área de Desenvolvemeto Local e Emprego, quere incentivar a compra no comercio local durante os meses de xullo e agosto e dinamizar os barrios a través dunha programación que ven acompañada de actividades na rúa, sorteos e propostas lúdicas para todas as idades.
O Mercadillo de San Pedrín, que se enmarca na rúa San Pedro e Campo Castelo, celebrarse todos os mércores a partir do vindeiro día 15 desta semana, e A Milagrosiña, que se organizará na Milagrosa, todos os venres desde o día 17 . As tendas estarán decoradas e identificadas, e as locais de moda sacarán os seus produtos as rúas. En todos os casos, as vendas serán con descontos.
Programación de actividades no Mercadillo San Pedrín:
As actividades previstas faranse todos os mércores correspondentes dende o 15 de xullo ao 26 de agosto ambos os incluídos:
· 15 xullo: Grupo de música en directo e sorteo de agasallos, de 17.30 a 20.00 horas
· 22 xullo: Charanga, de 17.30 a 20.00
· 29 xullo: Dúo musical en directo: Covers 80 y 90´s, de 17.30 a 20.00 horas.
· 5 Agosto: “A Sorte está no Aire’, carpa ao longo do día cunha zona de sorteo. As persoas que se achegue con tickets de comprar nas tendas participantes, terá dereito a explotar un globo que contén premio seguro. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
· 12 Agosto: Música da Cuniquer Band, de 17.30 a 20.00 horas.
· 19 Agosto: DJ Black Panda, de 17.30 a 20.00 Horas
· 26 Agosto; Ruleta da Sorte: instalarase de novo a carpa ao longo do día con zona de sorteo. Todo o mundo que se achegue con tickets de comprar nas tendas participantes terá dereito a virar a ruleta que contén premio seguro. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
Programación de actividades no Mercadillo A Milagrosiña:
· 17 xullo: Taller de Grafiti. A rte urbana e os trampantojos máis orixinais e divertidos. Participa e deixa unha sinal pintando en diferentes zonas do barrio. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
· 24 xullo: Spiribol- Summer-Play. Presentarase a actividade “100% Diversión”… reflexos, precisión, axilidade, velocidade, potencia, reacción, intelixencia, resistencia; un novo concepto de entretemento. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
· 31 xullo: Actuacións e exhibicións de baile. Varios pases que non deixarán a ninguén indiferente pola súa posta en escena e vistosidade. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
· 07 agosto: Actuación de Pablo Balseiro. Unha tarde na que A Milagrosa fará honra ao seu nome e producirase o milagre da festa e a diversión. A partir das 19:30 h.
· 14 agosto: Ginkana do Comercio local: actividade interactiva e aventureira para coñecer os diferentes recunchos do barrio e os seus establecementos. De 10:00 a 13:30 h. e de 17:30 a 20:30 h.
· 21 agosto: Actuación musical. A partir das 19:00 horas.
· 22 agosto: Desfile de moda “A Milagrosiña 2020”. A partir das 19:30 horas.
· 28 Agosto: Festa da Familia, con familia xogos xigantes e a final do concurso de DJ. De 10:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
Todos os días:
– Sorteo de Agasallos: Con cada tícket das túas compras superiores a 20€, poderase participar no sorteo de múltiples agasallos durante toda a campaña.
-Este mercadillo contará cunha mascota que se poderá fotografíar a xente e gañar o premio á foto máis votada nas RRSS da Milagrosiña.