«MIHL Olladas», certame fotográfico sobre o Museo MIHL
Un xurado formado por 3 profesionais da fotografía entregarán 3 premios de 500, 350 e 200€ para canxear por material fotográfico
O certame de fotografía MIHL Olladas, que ten por obxectivo difundir os elementos arquitectónicos do museo a través da fotografía. “Buscamos a mirada das veciñas e veciños de Lugo dun espazo tan singular como o MIHL”, afirmou Maite Ferreiro – concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua – na súa presentación.
Poderán presentarse fotografías que fagan difusión da arquitectura do MIHL, que poñan en valor os aspectos da mestura entre a arquitectura do edificio e a contorna, que revelen a experiencia das visitantes ou que descubran os recunchos máis recónditos do edificio. Os traballos deberán ser orixinais e poderán pasar por procesos de revelado dixital, sen poder presentarse fotomontaxes.
As imaxes deberán enviarse por correo electrónico a premiosfotomihl@gmail.com entre o 20 de agosto e o 30 de setembro, en formato JPG a 300ppp, cun peso máximo de 10MB e 30 cm de lonxitude máxima para o lado máis longo da imaxe. Un xurado formado por 3 profesionais da fotografía decidirá os 3 premios, dotados con 500, 350 e 200€ para canxear por material fotográfico.
As bases poden consultarse na web do Concello de Lugo e poderá solicitarse información por correo electrónico ou no teléfono do MIHL, 982 297 446.