o Arde Lvcvs MMXVIII volve ter dúas moedas oficiais, unha romana -da man da Cohors III Lucensium– e outra castrexa -a cargo de Mercenarios Galaicos-
CASTREXA
Mercenarios Galacios fai coa moeda unha homenaxe ás orixes castrexas, decantándose por recrear unha moeda celta, concretamente un potin de remi, fundido en bronce, acuñada entre os anos 80 e 20 A.C. polos pobos celtas denominados remi, que habitaban a Galia Comata.
No anverso da moeda aparece un persoaxe marchando cara a dereita, armado cunha lanza na súa man esquerda e o que podería ser un escudo ou un torques na súa man dereita; con múltiples interpretacións da imaxe, quizais un guerreiro ante un rei ou xefe dun clan, un deus ou un cazador.
No reverso da moeda está representando un lobo, cun simbolismo especial para os celtas, vinculado a varios deuses e relacionado co poder da lúa, devorando unha serpe, unha fíbula e a inscrición Amhais`18.
Mercenarios Galaicos vai poñer a venda unha tirada dunhas 3.000 moedas, cunha medidas de 24mm de diámetro e 1,55 mm de grosor, que se poderán adquirir en distintos comercios da cidade por un prezo de dous euros, así como no seu propio campamento, na Praza Horta do Seminario, ao longo dos festexos.
Actualización (11/06): Arde Lucus castrexas nos seguintes establecementos colaboradores:
Joyería Honorino Freire, en R/ da Cruz, 15 – Farmacia da Cruz, en R/ Conde Pallares, 6 – Predio.es, en R/ Salvador Madariaga, 3 – Nottingham Lugo, en R/ Teatro, 13 – Loterías n°6 Lugo, en Praza da Constitución (Estación de Autobuses) – Maty’s Café, en Praza Maior, 30
Por noveno ano consecutivo, a Cohors III Lucensium acuña a moeda romana para para os festexos do Arde Lvcvs.
A moeda oficial dos festexos desta edición é un follis de bronce, do ano 320 D.C, acuñada na honra de Constantinvs Máximvs Avgvstv, catalogado como o primeiro Emperador Cristiano, que reunificou o imperio tras as loitas dos diferentes poderes, levando a súa capital a Constantinopla. Este persoaxe foi o que entregou a Muralla de Lvcvs Avgvsti, no ano 310, e encargado de publicar un edicto no que non deben ser perseguidos os cristiáns. No anverso aparece este emperador, que mira á dereita, cunha diadema de rosetas, ataviado cun paludamento drapeado con coraza; e no reverso figura Gloria Exercitvs, dous soldados romanos sostendo lanzas e escudos.
A Cohors III Lucensium repartirá entres unhas 4.000 e 5.000 moedas a partir desta mesma semana. Cada moeda ten un valor de 2 euros. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda poden facelo en distintos establecementos do casco histórico. Así mesmo tamén se poderá adquirir no propio campamento desta asociación ao longo dos festexos.