A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co artista local Iago Eireos, representando ao espazo LUPA Arte presentaron o festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade”, explicou Maite Ferreiro.
“Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “trátase dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería”.
O festival Culturban comezará o vindeiro 31 de outubro cun combate de pintura mural ao aire libre no que 10 participantes, que serán seleccionados conforme a súa traxectoria artística, que terán ata o 28 de outubro para anotarse enviando os datos necesarios á área de Cultura. Os artistas elixidos saberán, durante o día 29 a ubicación do evento e o propio día do combate anunciaráselles a temática para o mural que deberán realizar.
O Certame terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 31, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.
BASES:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte