Tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería chegan os «Tardeos» a Augas Férreas todos os martes e mércores do 18 de agosto ao 15 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. Haberá música en directo, obradoiros para os nenos e nenas, e un circuíto de patinetes eléctricos que se instalará na propia praza.
Cos Tardeos, o Concello busca promover novos hábitos de consumo entre a cidadanía, apostando polo horario diúrno e complementando a oferta de ocio nocturna na cidade con actuacións musicais e obradoiros, dirixidos a públicos de todas as idades.
Programación
Os tardeos en Augas Férreas comezarán o martes, 18 de agosto. A praza será decorada con este fin a cargo da artista multidisciplinar Ánxela Pardo que se encargará de achegar a praia, o mar, animais e obxectos mariños a este emprazamento da cidade. Ademais, colocarase unha guirnalda de 2 metros con obxectos e debuxos que rememoran o mar e tamén se instalará un photocall co que os participantes poderán fotografiarse. Os farois da praza tamén serán engalonados para dotar de colorido.
Así mesmo, como novidade, instalarase un circuito de patinetes eléctricos que os interesados poderán probar de xeito gratuíto. Por outra banda, durante cada xornada haberá obradoiros dirixidos aos nenos e nenas: obradoiro de malabares; obradoiro de creación bilingüe; obradoiro de xogos con arxila; obradoiro O Galo Azul; obradoiro de danza e bodypaint; obradoiro de pintura comestible; obradoiro de cometas de lá; obradoiro de narración oral; e obradoiro descubrindo a lá de ovella.
O cartel de DJ´s encargados de ambientar musicalmente a praza de Augas Férreas será o siguiente: Isaac Peces (Black Music), Dr.Think (Nu-Disco, Deep House, Afro House), Ze Pequeno (World Music), Rapariga Dj (Rock, Funk, Disco, Electrónica), Alex Nite & Mr. Fishman (Freestyle Music), Popy García (Freestyle Music), Manolo Vilouta (Funk, Disco, House Music), Mr.Fishman & Alex Nite (Freestyle Music), Marcos Peón & Hugo Leivas (House Music).