O berro do Courel - Fotografías de Adra Pallón

«Estes días no Courel comecei a facer fotos de carácter documental os dous primeiros días porque me parecía que era esencial o berro, coma sempre. Logo a miña mente pasou a dicir «xa hai fotos», agora hai que axudar se fai falta e se chega o momento de coller un batelumes.

Pasaron os días e ao fin a cousa controlouse, misteriosamente cando as lapas estaban chegando á Devesa da Rogueira… Xa dende a calma relativa fun ao souto de Vilar. Sabes que eu escapo das artistadas desprovistas de contido pero revisando esas texturas do souto de Vilar, paréceme que están berrando… Paréceme que Xan de Vilar o seu pensar transladouse a algunha das árbores que ardeu. Mesmo vexo caras berrando.»

Extracto dun mail enviado o 28/07/2022 polo fotoxornalista lucense Adra Pallón a Viva Lugo. No adxunto: as fotos que podes ver de seguido.

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo