O deus romano da curación nun novo mural na rúa Rafael de Vega. 
Obra do artista ourensán Mon Devane dentro do Festival Culturban que promoven Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e Espacio Lupa Arte.

O mural está ubicado en Rafael de Vega e homenaxea ao doutor represaliado que lle dá nome á rúa na forma do Deus romano da curación, o que é unha modernización do mito nun encontro entre mitoloxía e modernidade.

A temática plantexada é, polo tanto, relacionada coa medicina e a sanación, como non podía ser doutro xeito nunha rúa que leva por nome ao recoñecido cirurxán.

A reinterpretación do deus Esculapio foi realizada cunha base de pintura plástica e acabado con pintura en aerosol, cunha paleta monocromática con predominio dos tons turquesas.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron ao artista ourensán Mon Devane.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, destacou que «co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza».

Lembrou tamén que “o Culturban deste ano volverá con máis murais en distintas zonas da cidade, xunto cunha nova edición do Combate Mural e máis intervencións”.

Maite Ferreiro anunciou que nas vindeiras semanas está previsto presentar á veciñanza lucense a nova edición do festival Culturban deste 2023 cunha actividade lúdica na rúa Rafael de Vega.

MON DEVANE

ESPACIO LUPA ARTE