Pilar García Porto – Deputada de Cultura –
XAN 2018 O Boletín Oficial da Provincia publica este xoves a listaxe das asociacións beneficiarias das subvencións de concorrencia competitiva que ofreceu o Goberno da Deputación para a celebración de actividades que fomenten e promocionen a artesanía. Son un total de 30 colectivos os que se beneficiaron das axudas de 22.000 euros.
A listaxe completa de beneficiarios pódese consultar aquí -pdf- 
En total son 30 as asociacións beneficiadas desta subvencións que van dende os 300 a 1.000 euros. Con estas axudas pódense sufragar demostracións de artesanía como a talla de madeira, así como feiras, obradoiros, e cursos de coiro, barro, tear, cantería, encaixe, serigrafía, tapizado, entre outros.
Nestas axudas primáronse as actividades que fomentan a igualdade de xénero, á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes e con valores interxeracionais.
ARTÍGOS RELACIONADOS: