O «Son d’Aldea» revive o rural galego dos anos 40-50

Setembro 2019 Os días 6 e 7 de setembro celébrase en Santiago de Alba – Palas de Rei un evento ben fermoso e especial: o Son d’Aldea permite vivir en primeira persoa como era a vida da aldea nos anos 40 e 50 e manter a lembranza de cando o rural era o motor da nosa economía e tradición.

A presenta edición homenaxea aos maiores e está aberta a preto de 500 persoas que poden adquirir as entradas en: http://sondaldea.es/reserva-prazas/

Fonte: Gab. Com. Deputación de Lugo
Programa

Venres 6 de setembro:

– 16:30 horas: Recepción de participantes

– 17:00 Mesa redonda: As Persoas Maiores no Medio Rural

Conferenciantes:

– Mª. Carmen Morán de Castro (USC): Animación sociocultural como estratexia
educativa promotora da participación social.
– Alberto Saco (UVigo): Os vellos no rural: Futuro e diversidade.
– Raquel Vázquez Pérez (Universidade de Vigo): O mantemento da poboación maior
no rural: Os servizos de proximidade.

– 20:00 horas: Presentación do libro: As novas na aldea, 2018

– 20:15 horas: Monólogo. “Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz)

– 21:00 horas: Cea con produtos da aldea e encomenda.

– 22:00 horas: Actuación da Asociación Cultural “Palacio do Rei”

Sábado 7 de setembro:

– 09:30 horas: Recepción de participantes

– 10:00 horas: Roteiro teatral: Os Ollos da Experiencia

– 17:00 horas: Mostra de oficios artesáns e artesanía Alimentar Na Aldea e xogos populares con Xotramu.

– 20:00 Actuación: As Cantigas De Elena

– 21:00 Romaría con Os Melidaos