Maio 2018 Con motivo da celebración da Semana dos Museos 2018 efeméride que inclúe o Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Día Internacional dos Museos, 18 de maio, e a Noite dos Museos, 19 de maio, a Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, organiza entre outras actividades unha serie de obradoiros para todos os públicos e inscrición gratuita no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo.
Museo Provincial de Lugo
«Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación.»
Data: 18 de maio. Dirixido a Club Pequeamig@s (a partir de 8 anos). Horario: de 16:30 a 18:00h.Prazas: 15.
«Obradoiro: Taller de iniciación ao gravado. Estampación en seco»
Data: 18 de maio, Horario: de 18:30 a 20:00h. Dirixido a adultos, Prazas: 15.
«Obradoiro: Falar coas mans»
Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Data: 19 de maio. Horario: de 18:00 a 19:30h. Dirixido a parellas, familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Este obradoiro foi seleccionado entre os vinte mellor valorados na Bienal Miradas de Mujeres 2018.
Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo)
«Obradoiro: Falar coas mans»
Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Data: 19 de maio. Horario: de 12:00 a 13:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a).
Inscrición previa, gratuita, no departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.
Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)
«Obradoiro: Falar coas mans»
Obradoiro interxeneracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Data: 18 de maio. Horario: de 17:00 a 18:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a).
Inscrición previa, gratuita, no departamento de Didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
«Obradoiro: Falar coas mans»
Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Data: 17 de maio. Horario: de 12:00 a 13:30h. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a).
Inscrición previa, gratuita, no departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor.