Este xoves día 9 ás 20h terá lugar na Escola Tradi Oxeito, na rúa San Eufrasio 94 de Lugo, unha charla-obradoiro a cargo da investigadora e artista Mercedes Peón baixo o título «Deconstrución e construción a partir dunha recollida de campo» PRAZAS ESGOTADAS.
 
Mercedes Peón é unha figura fundamental na escena etnocontemporánea en Europa, recompiladora de folclore, compositora, vocalista, instrumentista que, sin abandonar as raíces da tradición incorpora unha faceta contemporánea en todo o seu traballo. A súa traxectoria fai dela unha das artistas galegas máis destacadas do principio do século XXI
 
Está charla sirve como arranque do curso 2021-2022 e para celebrar o terceiro aniversario da Escola Tradi Oxeito.