O VAIA VAIA é un evento que tenta difundir a escena artística e creativa máis descoñecida da cidade de Lugo e de toda Galiza, a través da cultura do fanzine, que xa tivo moito éxito na súa primeira edición.

O obxectivo deste encontro non é outro que acoller durante un par de días unha feira de autoedición – «Mercadiño de Fanzines e Derivados» – e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas, axudando a situar a Lugo como un referente artístico-cultural, abrindo as portas a proxectos e persoas amateurs ou/e que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características.

Lugar: O Vello Cárcere e a súa contorna

Entrada: gratuíta

Conta co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo

 

VAIA VAIA FACE

VAIA VAIA INSTA