Máis de medio cento de artistas participarán na Cabalgata de Reis que organiza a área de Cultura baixo o nome “A viaxe dun soño” que estará chea de espectáculos e música e ilusión, e repartirá máis de 4000 quilos de caramelos. A cita é o domingo 05/01 a partir das 18:00 coa seguinte programación:
A cabalgata sairá ás 18 horas do parque da Milagrosa. Continuará pola rúa Monte Faro e a avenida da Coruña ata a Porta de San Fernando, onde entrará ao recinto amurallado para continuar pola praza de Ferrol e a rúa Bolaño Ribadeneira ata Quiroga Ballesteros. O percorrido continuará pola praza de Santo Domingo e a rúa da Raíña ata chegar á praza Maior ás 19:30.
A cabalgata contará con varios espectáculos precedendo ás carrozas:
A Danza das estrelas, un baile de luz e de cor será a encargada de guiar á cabalgata no seu percorrido.
A Bola Máxica é un espectáculo de acrobacias e circo futurista arredor dunha gran bola máxica.
As Cartas reais son un espectáculo de cartas danzarinas encargadas de transmitir aos reis os desexos e ilusións dos nenos e nenas, que irán acompañadas das Carteiras de Xeo.
Uns divertidos vehículos, os Velocípedes, farán as ledicias de todos os presentes mentres que o reino dos paxaros achegarase a esta cabalgata voando e penicando nas cabezas de todas as crianzas coa danza do Reino dos Paxaros.
Uns triciclos Pierrots e agasallos xogarán e interactuarán coa xente, mentres que 6 pompeiras e un zancudo desfilarán enchendo de burbullas a atmosfera ao seu redor.
Por último, 6 medusas luminescentes chegan á cabalgata de Lugo desde as profundidades do mar.
Promove: Cultura, Turismo e Promoción da Lingua dentro do programa de actividades do Nadal