Programa de «Tardeos na Tinería» de Lugo

Nova iniciativa social e de ocio que pon en marcha o Concello de Lugo e a Asociación de Empresarios da Tinería (Itineris): Tardeos na Tinería todos os xoves e venres do verán, ata o 3 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. A través desta iniciativa, o Concello busca promover novos hábitos de consumo entre a cidadanía lucense, apostando polo horario diúrno e complementando a oferta de ocio nocturna na cidade con actuacións musicais e obradoiros, dirixidos a públicos de todas as idades.

 

Os tardeos comezarán este xoves día 2 coa actuación do DJ Mia Disko e, a continuación, unha xornada de portas abertas na Casiña de Paula, de 20:30 a 21:30 horas. En total serán 19 eventos, nos que participarán unha decena de DJs, ao tempo que se organizarán actividades e obradoiros cos que dinamizar a actividade do barrio. 

Programa de "Tardeos na Tinería" de Lugo
Fonte da foto: gab. com. Concello
Programación

Os Tardeos terán lugar os xoves e venres dende o 2 de xullo ata o 3 de setembro. En horario: de 18:00 a 22:00h no Barrio da Tinería. Haberá dinamización con Djs, así como actividades e obradoiros organizados polas empresas do Barrio da Tinería para grupos reducidos e con inscrición previa en: empresariosdatineria@gmail.com

Xoves 2 de xullo:

Dj: Mia Disko (Flower Power & Freestyle)

Actividades:

A Casiña de Paula. Xornada de portas abertas. De 20:30 a 21:30 horas

Venres 3 de xullo:

Dj: Manolo Vilouta Aka El Hombre Vil (Electronic Grooves)

Actividades:

A Casiña de Paula. Taller de fabricación dun marco para fotos de xeito artesanal e persoalizado. De 19:30 a 20:30 horas. Con grupos reducidos e inscricion previa.

Xoves 9 de xullo:

Dj: Numb & Ro Selektors (Reggae & Dub)

Actividades:

A Casiña de Paula. Xornada de portas abertas. De 20:30 A 21:30 Horas

Venres 10 de xullo:

Dj: Juan Soto (House Music)

Actividades:

A Casiña de Paula. Taller de elaboración de complementos e de caixas cun estilo único. De 19:30 A 20:30 horas. Con grupos reducidos e inscricion previa.