Presentación do Programa do Arde Lucus 2021
Chega a XX edición do Arde Lucus, que terá lugar os días 17, 18, 19 e 20 de xuño, e debido as restricións sanitarias, terá un formato mixto con máis de medio centenar de actos e actividades on line e en vivo, na rúa.
O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, presentou o programa: «… esta festa de recreación histórica é un dos motores imprescindibles para axudar ao desenvolvemento da nosa cidade e para que cada vez mais xente nos coñeza e nos visite vía presencial ou online”
Entre as novidades, o concelleiro anunciou que nesta edición poderemos gozar de tres concertos ubicados todos eles na explanada do Pavillón Municipal: o 17 de xuño actuará Califato ¾ ; o Venres 18, Xabier Díaz e as adufeiras de salitre e o sábado 19, Oreka Tx. Ademais, Diego AS, campión de España de Graffiti, elaborará un graffiti na Ronda da Muralla de Cayo Julio César.
En canto o publico infantil, contará ca representación musical da obra de teatro Hércules e tamén esta contemplada unha Conferencia telemática con tropas e lexións estranxeiras que pola situación actual non poden achegarse á cidade.
Por outra banda, volveranse a celebrar as vodas celtas e romanas, e Lugo voltará a recibir aos campamentos, aínda que máis reducidos, que estarán ubicados en diferentes zonas da cidade, contando en todos eles cunha persoa encargada de controlar o aforo. O Macellvm cambiará de ubicación trasladándose ao parque Rosalía de Castro, e contará con 29 postos de artesanía e control de aforo na entrada.
Información Vodas:
Vodas romanas: Inscrición previa en formulario.xuventudelugo.gal
Vodas celtas: Inscrición tfno. 633 680 550
Concertos Arde Lucus
Califato: Combinan electrónica avanzada con músicas enraizadas na tradición popular andaluza para crear un folclore propio que mira cara ao pasado e cara ao futuro.
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: O espectáculo do disco, 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
Oreka TK: A banda foi creada por Harkaitz Mtz. de San Vicente e Igor Otxoa en 1997 e desde entón non pararon de investigar e difundir as posibilidades que ofrece a txalaparta, experimentando tanto co seu musicalidad como cos materiais de construción (desde a orixinaria madeira ata a pedra, tellas, bambú… ata xeo!)