Xa está aquí o programa do entroido 2020 en Lugo cargado de actividades, máis de 30, organizadas polas áreas de Cultura e Participación do Concello, coa colaboración da Tradescola e da Asociación Pepe Barrerio.
“Dende a área de Cultura cremos que o Entroido, se miramos a historia, era unha festa para sacar esa parte oculta que tiñan as persoas nos tempos nos que a liberdade era unha cousa preciada e todas intentabamos ser aquilo que no resto do ano non nos atreviamos a ser” indicou Maite Ferreiro. A edil de Participación, cristina López, destacou que “neste Entroido imos encher a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de
actividades”.
Do martes 18 ata o 26 de febreiro as actividades son – clic na imaxe e a verás máis grande, o programa en texto a continuación – :
Martes 18 de febreiro
16:30 na Tradescola (Pintor Corredoira, 4), a Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao realizará unha palestra baixo o título “Coñece o Entroido Ribeirao”
18:00 O Folión de Entroido percorrerá as rúas dende a Tradescola á Praza Maior.
Xoves 20 de febreiro
20:00 A Asociación Cultural Pepe Barreiro organiza no Vello Cárcere a palestra – coloquio “Pepe Barreiro e o Entroido”, a cargo de Germán Barreiro González.
Venres 21 de febreiro
Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e na Praza de Abastos de 09:00 a 14:00 horas, amenizado pola murga Os Virtuosos do Tinto
De 16:00 a 20:00, terá lugar a Carreira de Tronos, Escape Room Exterior, que comezará na ronda de Fontiñas, e percorrerá rúas do centro da cidade. Cada quenda, que terán lugar de 10:00 a 15:00 horas, terá de 4 a 9 participantes, e será preciso inscribirse no 010. Os menores deberán ir acompañados por un adulto.
20:00 O actor e comunicador lucense Alberte Cabarcos, será o encargado de dar o pregón, abrindo oficialmente as festas. Lugar: Casa do Concello
A partir das 20:30, as charangas Tambukada e Ars Nova amenizarán o recinto histórico, e ás 20:45 comezará o Entroido escénico “Quérete”, pola compañía de teatro Down Lugo e Cia.
Sábado 22 de febreiro
O Mercado e a Praza de Abastos acollerán, de 10:00 a 14:00 unha degustación de produtos tradicionais de Entroido, amenizado pola murga Os Virtuosos do Tinto, que a partir das 13:00 realizarán un pasarrúas pola praza da Soidade, rúa Nova, Tinería, rúa do Miño e praza do Campo, rematando na rúa Nova.
Durante todo o día, de 10:00 a 20:00, terá lugar a Carreira de Tronos, Escape Room Exterior, que comezará na ronda de Fontiñas, e percorrerá rúas do centro da cidade. Cada quenda, que terán lugar de 10:00 a 15:00 horas, terá de 4 a 9 participantes, e será preciso inscribirse no 010. Os menores deberán ir acompañados por un adulto.
Ás 12:30 arrancará dende a praza de San Marcos ata a praza Maior o espectáculo de rúa para público familiar “Hakuna Matata”.
A partir das 13:00, Palimocos e Cía representará no fondo da praza maior “Eu non quero máis que unha man, unha man ferida se é posible”.
A partir das 17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga VK Pinta, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura antes das 14:30 do venres 21. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (100, 75 e 50 euros), parellas (150, 120 e 90 euros) e comparsas (225, 175, 140 euros), que serán entregados dous vales, un por un lote de libros, que pode incluír material escolar ou de papelería, e outro para actividades de ocio e tempo libre, que se poderán canxear na sala Enigma ou no espazo Hakuna Matata. Durante a deliberación do xurado, Isla Le Triska realizará un espectáculo de clown e malabares para toda a familia.
Ás 20:30 sairá dende o fondo da praza Maior, o Entroido escénico “uns pican e outros non” a cargo do grupo Achádego Teatro. Ademais, polas rúas do centro actuará a charanga Terra Chá, e por Campo Castelo, San Pedro e a praza Mártires de Carral, a charanga Unión Phenosa.
A partir das 23:00, a praza da Soidade acollerá a sesión DJ de Dub Mono HiFi Soundsystem & Helenoise Outta Udog.
Domingo 23
Actuación do grupo tradicional Caivanca polo recinto histórico, a partir das 13:00, no barrio da Ponte, ata o desvío da estrada de Portomarín, actuará o grupo tradicional Son de Lugh.
Ás 20:00, a Praza de Abastos acollerá a festa de remate da Carreira de Tronos, Escape Room Exterior.
A partir das 20:30, a charanga Amigos de Manolo actuará polo recinto histórico.
Luns 24 de febreiro
Mercado Tradicional de Entroido no Mercado e na Praza de Abastos de 09:00 a 14:00 horas, amenizado pola murga Os Virtuosos do Tinto
A partir das 13 horas, o recinto histórico acollerá a actuación de Cántigas e Frores.
18:30, Os Pinchacarneiros representarán O Entroido Pícaro no Campo Castelo.
19:00, realizarase na Praza de Abastos unha Festa de Disfraces.
19:30 a charanga Os Jaláticos comezará na praza da Milagrosa, pasando polo barrio da Piringalla e Garabolos.
20:30, acharanga Louband estará no recinto histórico e por Augas Férreas a charanga Clave de Sol. Por Campo Castelo, San Pedro e a praza Mártires de Carral, actuará a charanga Viño Branco e no fondo da praza do Campo, o grupo Nostrum Cai interpretará o seu Entroido escénico “Gatsby Remake 2020”.
23:00, a praza da Soidade terá unha sesión DJ con Galician Army.
Martes 25
12:30 Espectáculo itinerante de rúa para público familiar “Le Petit Circ” dende a praza de San Marcos ata a praza Maior.
Ás 13:00, Raíces do Campo actuará polo recinto histórico.
17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes
do desfile, que presidirá a charanga Paradela, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza
Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura antes das 14:30 do luns 24. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (500, 300 e 200 euros, e tres premios de 50 euros), parellas (600, 400 e 300 euros, xunto con 5 premios de 100 euros) e comparsas (1.100, 800, 600 euros, e 7 premios de 200 euros).
19:00, a charanga Paradela percorrerá o recinto histórico
Mércores 26
O Enterro da Sardiña. Este ano, ao cumprirse 20 anos da constitución da “Asociación Cultural Pepe Barreiro”, organiza múltiples actividades. Ademais do concurso de Ferretes de Entroido tamén promove a exposición “Asociación Pepe Barreiro, un antes e un
despois”, que se inaugurará o 12 de febreiro e poderá visitarse na rúa da Raíña.
19:00 o quiosco da música da praza Maior acollerá o Velorio da Sardiña. Todas as persoas que queiran acompañar á familia no Velorio están convidadas. Así mesmo, poderán deixar constancia da súa pena no libro
de firmas.
19:30 a Santa Compaña fará un percorrido pola praza Maior cantando miseres en latín, e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da Sardiña.
20:00 comezará o Enterro da Sardiña. O cadaleito sairá do quiosco para se incorporar á procesión no Circulo das Artes e percorrerá diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes.