Programa do entroido en Lugo - Xuventude

A área de Xuventude de Lugo aposta por un entroido virtual. Faino tendo en conta as limitacións que impón a pandemia pero sen deixar atrás a alegría e o inxenio que caracterizan a estas datas.

Co obxectivo de dotar de ferramentas para que os máis novos poidan realizar eles mesmos os seus propios maquillaxes e caracterización para este atípico entroido, Xuventude organiza para o venres 12 e o sábado 13 dous obradoiros de maquillaxe. O venres será en xornada de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 13;en quenda de mañá, de 10:00 a 13:00 horas. Tamén a través das redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo.

Entre as actividades contaremos o luns, 15 de febreiro, cun obradoiro de cociña, que se estenderá tamén ao martes, 16 de febreiro; a través das redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, dende as 19:00 horas.

Este entroido terá ritmo de rap, pois celebrarase unha masterclass os días 12, 13 e 14, dende as 22:00 ás 00:00 horas, polas mesmas canles telemáticas que as actividades anterirores. Correrá a cargo do rapeiro lugués Diego Cabado Vázquez, coñecido como DCV; mozo que acumula diversos anos nas plataformas de todo o territorio galego e que se define polas súas letras íntimas e persoais.

Información e inscricións en

xuventude@lugo.gal
982 297 496
982 297 269
982 297 444