Lugo celebra o entroido a ritmo de charangas, con animación teatral e dous desfiles que repartirán máis de 6.000 euros en premios
De forma itinerante, por todas as rúas do casco histórico e distintos barrios da cidade, poderase gozar con distintas actuacións, tanto de música como de teatro
O tradicional concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 2 e o de adultos celebrarase o martes 5.
No Mercado de Quiroga Ballesteros abrirá de novo a zona infantil e realizaránse obradoiros.
Campaña: «Desenmascara o sexismo», unha iniciativa que impulsa cortar co sexismo nestas datas de festa, tal e como fai noutras festividades, como o Arde Lvcvs ou o San Froilán.
Febreiro 2019 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a programación que organiza o Concello para este Entroido en Lugo.
O pregón marcará o inicio destes festexos, o venres día 1, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, a cargo do xornalista e escritor Xosé de Cora Paradela, que titula o seu pregón Disfrazado de bando.
Posteriormente actuarán as charangas Clave de Sol e Va K Pinta polo Campo Castelo, San Pedro, Mártires de Carral, rúa do Progreso, San Marcos, rúa Nova, Praza do Campo, Rinconada do Miño e o resto do recinto histório.
Tamén terá lugar a representación teatral «Thriller», no fondo da Praza Maior, a cargo dos Palimoquiños & cía e Down Lugo.
O sábado 2 será a quenda das charangas Son de Lugh, Era Visto, Viño Branco, Aturuxo e Troula Psy-codelia; o domingo 3, de Tambukada, a charanga da Casa da Música e Garrafón.com. Pola súa banda, o luns 4, o ritmo poñerano as actuacións de Os Virtusoso do Tinto, Ars Nova, Perkusiona, Terra Chá e Louband, e o humor os grupos de teatro de Lugo Achádego e Nostrum Cai.
O propio día do Entroido actuará o grupo de música tradicional Raíces do Campo e a charanga Caliqueños.
DESFILES
O tradicional desfile infantil terá lugar o sábado 2 de marzo e o de adultos celebrarase o martes 5 de marzo. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas. As e os participantes concentraranse na Praza da Soidade media hora antes do desfile, que terá o seguinte percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.
As inscricións deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres, 1 de marzo, para o certame infantil, e do luns, 4 de marzo, para o de adultos.
O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Os premios son os seguintes:
En canto a nenos e nenas
Individual
1º premio: vale por lote de libros de 50 euros
2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros
Parellas
1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros
Comparsas
1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros
Na categoría de infantil haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos ou bricks, entre outros. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.
Para os adultos
Individual
1º premio: 500 euros
2º premio: 300 euros
3º premio: 200 euros
3 premios de 50 euros
Parellas
1º premio: 600 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
5 premios de 100 euros
Comparsas
1º premio: 1.100 euros
2º premio: 800 euros
3º premio: 600 euros
7 premios de 200 euros
O programa de actividades finalizará o 6 de marzo, mércores de cinza, co tradicional enterro da Sardiña, ás 20:00 horas. Para rematar o Entroido celebrarase o xa clásico concurso de ferretes, que conta coa colaboración do Concello, e cunha dotación de 500 euros en premios.
Cita no Entroido no Mercado Municipal e na Praza de Abastos
No Mercado, o Concello propón un obradoiro de máscaras, disfraces e caretas, os días 1, 4 e 6 de marrzo, de 17:00 a 19:00 horas, e o 2 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas. O taller está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos e para participar é preciso inscribirse, de balde, a través do 010.
Tras o éxito de Nadal, abrirá de novo a zona infantil da Praza de Abastos, para nenas e nenos de 2 a 8 anos, os días 4 e 6 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas; onde as máis cativas e cativos poderán gozar con actividades mentres os papás e mamás mercan con tranquilidade nas instalacións municipais. O tempo de permanencia na zona infantil será dunha duración máxima de hora e media.
DESENMASCARA O SEXISMO
A campaña, que promove o Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez; sendo conscientes de que o sexismo segue manifestándose co xénero dos disfraces: por exemplo, os traxes de bombeiros, astronautas e médicos están representados por nenos, mentres que as nenas protagonizan os disfraces de enfermeira ou animadora.
Desenmascara o machismo céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, que afecta, en moitos casos, a nenas menores de idade; ou aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena.
Así mesmo recomenda que o ideal é que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxinación e que favorezan a cretividade, entre outros.