Programación de maio de «A Hedreira» con diferentes actividades, obradoiros e aulas, todas de carácter gratuíto e abertas. En Rúa Catasol, 17 baixo (Lugo).

– SÁBADO 11 | Tarde-Noite

Contra-Eurovisión: boicoteamos Eurovisión pola participación de Israel. Avante LGBT+ organizará un videoforum co documental A song called hate, un taller Drag, karaoke mamarracho… e máis cousas que anunciaremos en redes.

– LUNS 20 | 20:00

Asemblea aberta: participa na organización de actividades, propostas e ideas do centro social.

– XOVES 30 | 20:30

Cineforum: acompañado de flocos de millo. Anunciaremos filme ou documental proximamente. Acéptanse propostas escribindo ao mail csahedreira@riseup.net

– VENRES 31 | 19:30

Circulo de Lectura Libre de Cómic: primeira sesión: conceptos básicos sobre o cómic e diálogo sobre a primeira novela gráfica seleccionada: Habibi de Craig Thompson. Ingreso libre e actividade totalmente gratuíta. Para inscribir e informar sobre o instructivo para obter a primeira lectura seleccionada ingrese ao grupo de Whattssapp mediante a seguinte ligazón.

– Obradoiros –

Ademais contamos cos seguintes obradoiros cuxo horario e inscrición podes consultar aquícapoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego orientado a inmigrantes, k-pop, taller de bicis e teatro. * Para o taller de bicis non é necesario inscribirse.

Info detallada do mes: https://ahedreira.noblogs.org/programacion-maio-2024/