Programación do Arde Lucus Cultural 2023
Ciclo de conferencias e relatorios:
Dentro da programación esta incluído o ciclo de conferencias “Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular” co obxectivo de dar a coñecer ese pasado compartido de Galicia e Portugal, para comprender mellor o noso presente. Contando con conferenciantes de toda Galicia e Portugal, da talla de Santiago Ferrer, Fermín Pérez Losada, Rubén Álvarez Asorey, Miguel Sopas de Melo Bandeira, entre outros.
A Cohors III Lucensium levará a cabo diferentes relatorios no Vello Cárcere, que tratarán temáticas de arquitectura urbana, de menciña, de arte e aparellos fluviais da cunca do Miño, ademais de acoller unha charla moi interesante sobre a prostitución, o sexo e a vida multiemocional na antiga Roma, da man de Ana Castro, psicóloga sanitaria e sexóloga. Neste senso Senatus Lucus Augusti, organizará un ciclo de conferencias sobre a historia de Lugo, en diferentes xornadas.
Festa da Primaveira e obradoiros coas asociacións
A xa consolidada Festa da Primavera, terá lugar na Horta do Seminario. As asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas Galaicas participarán con diferentes obradoiros de traballos en coiro, barro, cociña e cestería, pero tamén prepararán unha representación das vodas celtas, das ofrendas dos e rituais inspirados nos antigos poboadores.
Voltaremos a gozar dos obradoiros de mosaicos con teselas de barro, de confección, de elaboración de reloxes de sol, de hamatas, xogos romanos, unha xincana e unha a exposición de hamatas da man das asociacións Salesiani Luci Augusti, Ara Roma, Asemblearias de Lucus Augusti e Terra Corpora.
Celebración do Natalicio e paseos
Enmarcada nesta programación tamén está incluído a recreación do Natalicio no que participaran as asociacións Ara Roma, Asemblearias De Lucus Augusti, Cohors III Lucensium, Guardia Pretoriana, Kertix, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Pax Romana, Salesiani Luci Augusti e Senatus De Lucus Augusti , e a cidade voltará a acoller diferentes paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox da man de Senatus de Lucus Augusti e das Vestales de Lucus Augusti.
Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude, anima á cidadanía a participar nesta primeira acción dun completo programa de actividades previo ao gran Arde Lvcvs, “que este ano é de Interese Turístico Internacional”.