Nomes como Abraham Cupeiro, Álvaro Casares, Leo Harlem ou Luís Piedrahita compartirán espazo no Fuxan os Ventos co tecido cultural lucense como Achádego Teatro, Banda Filharmónica ou Palimoco Teatro.
A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou as primeiras 22 actividades que terán lugar no auditorio municipal Fuxan os Ventos.
Ferreiro afirmou que se trata dunha programación «ampla e diversa, con agrupacións de Lugo e artistas de fóra, que colaborará para ampliar a intensa programación cultural de Lugo». Ferreiro lembrou que Fuxan os Ventos dará tamén un concerto no auditorio ao que dan nome, como «homenaxe a un dos grupos musicais galegos máis importantes nos últimos anos, e celebración do seu 50 aniversario, celebrado en 2022»
Ferreiro afirmou que «Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes nas últimas décadas», e engadiu «para o Concello de Lugo é unha honra contar cun auditorio co seu nome, despois de acoller tamén o seu nacemento no ano 1972».
A área de Cultura sumará novidades que aínda continúan a ser organizadas, aumentando a oferta cultural do Fuxan os Ventos, que convivirá coa programación xa anunciada para o Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O auditorio Fuxan os Ventos está na rúa Madanela, 27002 Lugo
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte