Programación do Club Clavicémbalo xaneiro 2025

Eloi Pascual Quartet,  Amor de Tango, Super F, Teshuva, Carlos Blanco, Mikel Azpiroz Trío, Noite de metalcore con Untides e Brutal, César de Centi, David Prado, CORA – Cora Velasco e Carlos Gil -, Ship of Fools + Jam Session de Rock & Blues, FA CE LA presenta… Duetos de Luis Monsalve, Kreeze e Planète sauvage, Monólogo de Miki Dkai, Impro de teatro Curuxán, noite de blues con Bieitta James, Pepe King e The Blues Moonshiners 

PROGRAMACIÓN 
Venres 17 Xaneiro César de Centi

«Mi guerra mundial del yo contra el yo» (2025) titúlase o quinto disco do cantautor galego. César de Centi (1980) leva vinte e cinco anos nos escenarios, que compartiu, entre outros, con Marwan, Tontxu, Pancho Varona, Andreas Prittwitz, Mikel Izal e Carlos Chaouen. 

Ten actuado en festivais como Noroeste Estrella Galicia, SantiAutor, BarnaSants, Vai de Camiño e mais no circuíto nacional de canción de autor (Libertad 8, Galileo Galilei, La Fídula…). 

Sábado 18 Xaneiro David Prado ás 20:00 horas

Despois dunha longa espera, volve actuar na súa cidade natal. A posta en escena farase a guitarra e voz e conterá unha selección dos seus traballos, desde os primeiros EP ata o último editado, Faro de Luz. O concerto vaino abrir Delasenda, xove promesa da urbe herculina que se estrea no que á Sala Clavicémbalo respecta.

Sáb 18 Xaneiro CORA

Cora Velasco e Carlos Gil coñécense no 2018 durante a gravación do primeiro disco dela, Sortilegios.

Nos seguintes anos, dan numerosos concertos abrindo os espectáculos, por exemplo, de Luz Casal e Iván Ferreiro, tocan, ademais, en festivais como Son do Camiño, PortAmérica, Ribeira Sacra, Surfing the Lérez, Festival da Luz…

Xoves 23 Xaneiro Ship of Fools + Jam Session de Rock & Blues

Organiza: Fábrica de Sons. Silvia Viñas, Ro Muñoz, Iván Reija, Saulo Sause, Gonzo Piña e Luis Monsalve.

Venres 24 Xaneiro Duetos de Luis Monsalve
Sábado 25 Xaneiro Kreeze e Planète sauvage

Kreeze: Banda de corda friccionada e corda pulsada que ofrece música onírica e con mensaxe. Vén dende A Coruña presenta-lo seu primeiro disco, Ser.

Planète Sauvage: Dúo de multiinstrumentistas.

Sáb 25 Xaneiro Monólogo de Miki Dkai ás 20:00 horas 
Xov 30 Xaneiro Impro de teatro Curuxán
Venres 31 Xaneiro Noite de blues: Bieitta James / Pepe King / The Blues Moonshiners

Blues do País • Bieitta James e Pepe King ofrecen setenta e cinco minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. 

A nosa diva rural e Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos! Blues, si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo; blues do país. Do noso, do que
empeza nos Ancares e chega ata Missouri…

The Blues Moonshiners • Jay Doe: guitarra, voz; Ramón Figueira: harmónica; Fran Rilli: percusión. 

The Blues Moonshiners é un trío de blues que existe desde o 2018 e mestura o blues de estilo rural, o country blues e a música folk de raíz afroamericana dos anos 30, 40 e 50. 

A súa música defínena blues anello de destilación ilegal, de aí o nome Moonshiners, que fai referencia aos destiladores de whisky fóra da lei na América profunda. Agasállanos cunha divertida combinación musical que leva o blues e mailo country folk ao seu estado máis primitivo con axuda da peculiar mixtión de instrumentos da época; a guitarra, a harmónica e os instrumentos de percusión rudimentarios.

Club Clavicémbalo web oficial

Rúa dos Paxariños, 23, 27002 Lugo