Programación do entroido 2023 en Lugo. 17 actividades dan forma á programación do entroido 2023 da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Este ano regresa o Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa no Antroido, unha convocatoria pola que se repartirán 1.000 euros en premios aos grupos que máis animen a zona vella de Lugo.
Outras propostas.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a programación do Entroido 2023.

“Este ano contamos con 17 actividades para distintos públicos, con animación musical e teatral na rúa”, afirmou Maite Ferreiro, que destacou “a primeira edición da festa da filloa de Lugo, un evento que dará o pistoletazo de saída ás actividades deste entroido”.

As actividades do Entroido 2022 continuarán o vindeiro mércores, 15, coa Tradescola, coa charla O Mundo da Máscara, a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, que terá lugar a partir das 19:30 no Vello Cárcere.

O venres 17, as actividades comezarán co Pregón do Entroido, a cargo de Marta Veiga Izaguirre, que contará coa animación musical de Condensadores de Fluzo e continuarán a partir das 21:30 coa actuación musical da charanga Louband polo recinto histórico.

O sábado 18 a animación comezará a partir das 18:00 co concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Clownamorado, de Rudi Dudi.

Apartir das 20:00, a Tambukada estará no recinto histórico, rematando as actividades a partir das 22:00 coa actuación de Brassica Rapa polo recinto histórico

O domingo 19 a praza Maior acollerá a partir das 12:30 a Peter Punk co seu espectáculo Chungo que te cagas, e o luns 20 Culturactiva representará a gala de circo Introitus, continuando as actividades ás 20:00 coa actuación de Bloco Meigallo e o 22 con Unión Phenosa polo recinto histórico.

O día 21, a Gramola Gominola representará a partir das 12:30 na praza Maior o seu espectáculo As que máis molan da Gramola. Pola tarde terá lugar, a partir das 18:00 o concurso de disfraces na categoría de adultos. Durante a deliberación do xurado o público contará coa animación de Carta de Ajuste.

As actividades do Entroido rematarán o mércores 22 a partir das 20 horas co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro.

BASES CONCURSOS DISFRACES

Lugo Monumental convoca o IX Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 17 e 21 de febreiro coa colaboración
dos locais do centro histórico.

Como todos os anos, este premio está pensado para atraer ao centro ás cuadrillas que celebran o Antroido e que enchen as rúas do colorido, a música, e por que non, a irreverencia propia desta época.

Tal e como recollen as bases publicadas, entenderase como “animación” calquera actividade que as agrupacións participantes consideren oportuna (música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís…) e que contribúa a crear diversión e ambiente rueiro no centro histórico de Lugo. 

Poderanse ter en conta as mellores cancións, disfraces ou presentacións, pero o que máis pesará será a animación creada nas rúas do centro.

Establécense tres premios:

1º Premio: 12 vales de 50€ por un importe total de 600,00 euros

2º Premio: 6 vales de 50 € por un importe total de 300,00 euros

3º Premio: 2 vales de 50 € por un importe total de 100,00 euros

Os premios entregaranse en vales de 50,00 euros trocables nas empresas asociadas a Lugo Monumental.

Outras propostas: