Programación do Espazo Permacultural Lugar de Reque 2023.
Actividades sobre sustentabilidade dirixidas a infancia e a adolescencia neste espazo público a carón do río Rato en Lugo. 

A programación artéllase arredor de sete ámbitos de acción que se describen desde a permacutura: saude integral,  terras e natureza, comunidade, educación e cultura, tecnoloxía, hábitat e economía social.

Xaneiro e febreiro: Saúde Integral

A xornada de poda de vimbio que se celebrou este domingo, da man de Idoia Cuesta, iniciou unha serie de propostas centradas no coidado dos
ecosistemas e no coidado propio. Nesa liña, nos dous primeiros meses do ano, Reque acollerá os obradoiros Fermentados, Alucina coa Alquimia,
Sons Vibracionais e Ioga para Familias, tanto para persoas adultas como para a infancia e a adolescencia.

Marzo e abril: Terras e natureza

As actividades para estes meses xirarán arredor de coñecementos e boas prácticas sobre o manexo dos recursos naturais, a produción de alimentos
e outros produtos de valor biolóxico, así como o fortalecemento dunha maior conexión e entendemento sobre o mundo natural. Desenvolverase unha
completa formación en compostaxe para adultos e obradoiro “Sementes” para os máis cativos.

Maio e xuño: Comunidade

Neste ámbito, a formación centrarase sobre unha gran ferramenta ecosocial coñecida como Comunicación non Violenta, que contará cunha edición para adultos e outra para adolescentes.

Tamén se desenvolverá una formación de deseño comunitario, donde traballar e aprender sobre metodoloxías de proxectos sustentables,
xestión de procesos colectivos e outros recursos como a sociocracia.

Xullo e agosto: Educación e Cultura

Ofreceremos un campamento permacultural de verán de 5 días, no que nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán, disfrutar da contorna natural de Reque, 
adquirindo experiencias e aprendizaxes vivenciais sobre natureza, xogo creativo, arte e permacultura.

Ademais celebrarase a II Festival Ecofamiliar Lugar de Reque, que foi acollido con gran éxito na tempada pasada e no que achegamos a tódolos públicos unha fermosa xornada chea de diversas propostas artísticas e culturais baseadas na ecoloxía a creatividade e o espírito de colectividade.

Setembro: Tecnoloxía

Neste mes desenvolveranse unhas Xornadas de Cociña Solar. Un evento pensado para familias e público en xeral, no que a xente poderá achegarse a disfrutar dunha demostración de diferentes enxeños solares, así como a cociñar os seus propios pratos únicamente coa enerxía directa do sol.

Tamén se impartirá unha formación técnica na que aprenderemos a modificar as nosas estufas de ferro tradicionais, dun xeito sinxelo e a partir de materiais naturais, obtendo un maior rendemento dos recursos e maximizando o confort dos nosos fogares.

Outubro e novembro: Hábitat

Continuamos o noso camiño permacultural a través do pétalo de Hábitat, con un curso de bioconstrución para adultos e outro para nenos, que se desenvolverán nos meses de Outubro e Novembro. 

Nestes obradoiros teórico-prácticos, aprenderemos sobre o potencial que teñen os materiais naturais e locais para a construción, así como os criterios e estratexias que nos achega o campo da bioconstrución para construír e rehabilitar diferentes espazos desde unha perspectiva de coidado da natureza e da saúde das persoas.

Decembro: Economía social

No último mes do ano  realizarase un Encontro de Sementes, no que compartir e difundir coñecementos sobre esta peza clave para a soberanía alimentaria, recoñecendo  a semente como o principio e fin da sustentabilidade e favorecendo unha rede de intercambio e recuperación de sementes autóctonas e de excelente calidade biolóxica.

O deputado Efrén Castro presentou o calendario de actividades previsto para este ano dentro do proxecto Espazo Permacultural Lugar de Reque, co que a Vicepresidencia da Deputación está a revitalizar este espazo público a carón do río Rato, en Lugo.