Reportaxe fotográfica – Mercado de Nadal da Praza de San Marcos 
Organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece unha ampla variedade de produtos artesáns (cerámica, complementos, coiro,  xoguetes feitos a man, marmeladas…)
Con: Amigurumis Jano, Bolboretas de Coiro, Ceniza de Papel, Caurelor, Enxógate, La Bellota Mágica, La Mosquita Muerta, Lucecús, Rappa Taller, Regal Cerámica, Senda Coiro e Tres Caracoles 

Pezas de cerámica, marroquinería, xoguetes ou complementos de moda, así como obradoiros alimentarios, forman a oferta do Mercado de Nadal, que ofrece a firmas de artesanía lucense a posibilidade de amosar e vender a pé de rúa os seus produtos durante estas datas.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro, o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e as concelleiras Maite Ferreiro e Álex Penas percorreron os postos instalados en San Marcos e convidou a lucenses e visitantes “a achegarse ata o Mercado de Nadal e agasallar produtos artesáns, que son garantía de calidade das materias primas e dedicación no proceso de elaboración, ademais de repercutir directamente na economía de obradoiros e firmas artesáns da provincia”.

Efrén Castro tamén valorou a decoración e ambientación do  Mercado, deseñada e elaborada polo persoal do Centro de Artesanía e Deseño, que xenera unha atmosfera que convida a achegarse aos postos, instalados un ano máis sen custo para os artesáns e as artesás.

O Mercado de Nadal estará aberto ata o 5 de xaneiro na Praza de San Marcos en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 21 horas de tarde, rematando ás 19 horas os días de Noiteboa e Fin de Ano e pechando os festivos.
Obradoiros participantes

María Sánchez Castedo é ceramista, deseñadora e ilustradora da marca CENIZA DE PAPEL un proxecto que xurdiu a partir do proxecto de fin de carreira de deseño gráfico,  no que utilizou a cerámica como soporte da imaxe gráfica. Traballa ca porcelana e o gres para facer pezas utilitarias como pratos, fontes, cuncas e xarrón. A súa fonde de inspiración é a natureza e ten a súa tenda obradoiro no CEI Nodus.

Mercedes Buján Paredes é a artífice de BOLBORETAS DE COIRO. Conta cunha longa traxectoria no traballo do coiro, deseñando e fabricando as  súas pezas con coiro de curtido vexetal. O nome do seu taller ven dado por unha das coleccións que a identifican: as bolboretas que se poden atopar para diferentes usos para o pelo, de broche, colgante ou incluso para decorar paredes.  Tamén comercializa cinturóns, bolsos, broches,
carteiras, etc.

Alfonso Otero Regal do taller co mismo nome: OTERO REGAL, é un artista polifacético e gañador entroutros do Premio Nacional de Artesanía 2011, as súas pezas crean unha atmósfera artística nos lugares mais cotiás. O seu estilo é unha aproximación ao avant-garde do século XX, con influencia picasiana. Dedícase a facer dous tipos de arte: un máis comercial que é o que presenta no Mercado de Nadal, enfocado hacia o mundo do interiorismo e a decoración de espazos, e outrode pezas de autor que expón polo mundo enteiro.

Antonio  Fermández Vicente do taller ENXÓGATE, é autodidacta aficionado aos xogos tradicionais e de inxenio,  montou  o seu taller en Quiroga no
ano 2013 e abriu a súa propia tenda exposición fai dous anos  na Rúa Real desta mesmo concello.  Traballa con madeira reciclada e ten varias liñas comerciais en torno aos puzles, pequenos autómatas, móviles e voadores, xogos de habilidade e de arrastre.

Inmaculada Díaz  Cabado é a responsable do taller LA BELLOTA MÁGICA  dedicado á cerámica dedicado á producción de nacementos, pequenas pezas decorativas e souvenirs,  labor que compaxina como monitora de talleres para os nenos nos colexios e campamentos de verán.

LUCECÚS é o proxecto que naceu hai oito anos en Guitiriz, cando as irmás Belén e Rocío Barral decidiron deixar atrás a cidade e as súas respectivas profesións para dedicarse ao que máis lles gusta. Cada unha delas realiza unhas disciplina diferente, unha traballa o feltro e outra tece bonecos coa  ténica de  amigurumi, técnicas que mesturan e alternan para alcanzar o mellor resultado en cada peza. A tradición do traxe galego, os contos infantís, libros de aventuras e películas son os temas de inspiración dos seus personaxes plasmados en broches, pendentes, moedeiros,  chaveiros e bonecas articuladas.

José Ramón  Lleo  dedícase á marroquinería desde fai uns 20 anos, case os mesmos que leva participando en feiras grandes e pequenas por todo o territorio español. Ten un amplo catálogo de produtos  de pequeno formato como  chaveiros, pulseiras, fundas de chisqueiros, moedeiros, que completa con bolsos, mochilas, sandalias, etc. No seu RAPPA TALLER, situado en pleno centro da capital, compaxina o seu labor produtivo coa elaboración de encargos personalizados, a limpeza e restauración de pezas  antigüas e a impartición de cursos enfocados ao público en xeral.

Adriana  Romaní e Javier de Castro son os dous artesáns que compoñen o taller de marroquinería SENDA COIRO, situado na Pobra do Brollón. Levan
máis de 20 anos traballando con curtido vexetal ecolóxico e coa técnica centenaria do armado en coiro. As súas creacións foron evolucionando
cara a liñas depuradas e cores intensas que abrazan as tendencias máis actuais, e que fan das súas pezas o complemento ideal nas pasarelas ou o foco de atención na decoración do fogar.

Ana  Novo do taller TRES CARACOLES, cursou os seus estudos na Escola de Artes Aplicadas nº 1 de Madrid e alí, polo ano 1991, foi onde tivo o seu primeiro contacto coa marroquinería. Máis tarde formaríase con outros artesáns do coiro para posteriormente, xa no 2012 crear o seu propio taller en Lugo, do cal saen coleccións de complementos de moda que inclúen pinzas e agullas do pelo, boinas, diademas, pulseiras, cintos e bolso, artigos de escritorio e unha liña de reproducións de indumentaria romana.

Alejandro García Lourés empezou a a coñecer e a estudar as técnicas do gancho e das posibilidades que este ofrece para crear distintos produtos como roupa, bixutería, bonecos, prendas tradicionais, etc, no ano 2012. Coas nocións xa adquiridas, comenzou a realizar bonecos de personaxes coñecidos como Pokémons, Son Gokus ou personaxes do xogo Super Mario Bros. Co traballo destes e arranxando patróns, comenzou a elaborar bonecos sobre a tradición cultural e musical de Galiza, o que o levou a deseñar figuras de gaiteiros e gaiteiras co traxe típico tradicional galego e de oficios como labregos, pescadores, polbeiros, etc. É a oferta de AMIGURUMIS JANO.

Mónica García comezou no mundo da artesanía fai oito anos cando quedou sen traballo e comezou a confeccionar detalles de moda para a súa filla Mariña. Conta cunha tenda propia na rúa Montero Ríos de Lugo. No seu posto no Mercado de Nadal, LA MOSQUITA MUERTA, podense atopar broches, diademas, moedeiros, bolsos, e camisetas decoradas de estilo vintage.

Verónica Núñez e Daniel Arza son os compoñentes de CAURELOR empresa fundada no 2008 que elabora marmeladas e produtos gourmet na Serra do
Courel, en Quiroga. As súas elaboracións son 100% vexetal, 70% froita e 30% azucre, sen gluten, sen lactosa e sen conservantes. Entre a ampla gama de produtos que presentan no Mercado de Nadal podemos atopar: cremas de castañas, marmeladas de arándanos cereixas, uvas, cabaza, figos, moras, melocotó, etc.  e néctares de froitos silvestres.

Selección a través dunha convocatoria aberta


O Mercado de Nadal está aberto a participación de obradoiros artesáns e artesás  inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía. O Centro de Artesanía e  Deseño abre cada ano unha convocatoria para que as firmas interesadas presenten a súa candidatura. A selección das participantes faise atendendo aos criterios fixados nas bases da convocatoria,  vinculados á calidade dos produtos e á traxectoria da firma.