Fuxan os Ventos deléitanos este Nadal cunha panxoliña

A letra foi complementada e adaptada por Darío Xohán Cabana

«Diante da porta», un fermoso tema de melodía tradicional recollido polo propio grupo. A letra da recolleita contaba unicamente coas primeiras estrofas que foron complementadas e adaptadas por Darío Xohán Cabana.

Un auténtico agasallo de Nadal que conta cos arranxos de Xoán Fuertes e Moncho Díaz, e coas colaboracións instrumentais de Benxamín Otero (óboe), Miguel Díaz (clarinete), Roi Adrio (percusións) e Simón García (contrabaixo).

A imaxe da cuberta é obra da ilustradora Agus Shuan.

Unha nova achega dunha serie de cancións que o grupo lugués Fuxan os Ventos sacará á luz durante os próximos meses.