San Froilán 2022 - Concurso para o cartaz. Un xurado especializado escollerá o cartaz das festas e entregará un premio de 2.000 euros.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu a coñecer as bases do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán

Maite Ferreiro explicou que «as persoas participantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre que sexan orixinais».

As persoas que desexen participar poden presentar os seus traballos ata o 16 de xuño nas oficinas da área de Cultura , na Praza Maior, ou por correo, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50×70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. 

Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@lugo.gal, indicando no asunto Cartel San Froilán 2022.

Os traballos serán presentados de forma anónima, con lema, acompañando un sobre co mesmo lema no exterior, e dentro os datos persoais do participante. Se presentan o cartel dixitalmente, estes datos deberán presentarse nun documento aparte.

Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros. 

A xuntanza do xurado terá lugar o vindeiro 21 de xuño. Maite Ferreiro animou ás deseñadoras e deseñadores lucenses «a demostrar a gran calidade dos seus traballos e ser a imaxe do evento cultural máis grande de Lugo».

Cartaz do San Froilán 2021
BASES CONCURSO CARTEL SAN FROILÁN 2022