O Pazo de San Marcos acollerá o sábado 28 de outubro a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción”, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
A xornada contará coa participación de Sés, Nuno Pico, O Leo de Matamá, Alba María e Marta Veiga Izaguirre que falarán da contribución da música -desde as regueifas aos ritmos máis actuais– á preservacion do
patrimonio inmaterial.
A deputada de Cultura Iria Castro e o coordinador da xornada e vogal da AELG en Lugo Lois Pérez convidaron a participar na xornada, que incorpora ao debate sobre a tradición oral e o patrimonio inmaterial a artistas con vocación popular, que buscan comunicarse co público a
través das súas cancións.
A asistencia á xornada é libre e de balde, ata completar a capacidade do Salón de Actos. Só teñen que anotarse previamente as persoas que queiran recibir a certificación de asistencia por parte da AELG ou homologaciónda asistencia pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte