Talleres de fotografía con profesionais top en Lugo
Son talleres nos que poderás descubrir diferentes procesos creativos da man de profesionais galegos: Alejandro Real, Ariadna Silva Fernández, Sabela Eiriz, Tono Arias e Adra Pallón.
Información xeral:

Dirixidos á comunidade universitaria e non universitaria.

Horario: Os venres, de 16:00 a 20:00 (4 horas)

Lugar:  Casa do Saber

Número de prazas: 16

Prezos:

  • Por cada taller: Membros da comunidade universitaria 15 euros / Taxa xeral 20 euros
  • Se te apuntas aos 5 talleres: Membros da comunidade universitaria 60 euros / Taxa xeral 80 euros

Actividade recoñecida con 1 Crédito ECTS ao realizar todos os talleres individuais e un traballo práctico.

Para matricularse, mandade un correo electrónico a cultura.lugo@usc.es ou chamade por teléfono ao 982 821 510 ou 982 821 513.

TALLERES

1) Procesos creativo de Alejandro Real: 20 de outubro de 2023

É un fotógrafo que atopou a súa paixón na beleza e autenticidade da fotografía de gran formato. A través dos anos explorou diversas técnicas fotográficas, pero foi a través da súa conexión coas persoas que descubriu un amor especial por esta forma de arte.

O seu enfoque céntrase en capturar a esencia de cada individuo, revelando a profundidade das emocións, as historias e a personalidade a través da súa lente.

https://www.instagram.com/alejandrorealphoto/

2) Proceso creativo de Sabela Eiriz: 3 de novembro de  2023

É unha artista multidisciplinar que traballa fundamentalmente con fotografía, vídeo e escritura. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Inicialmente formouse en teatro e graduouse en Comunicación Audiovisual, especializándose despois cos mestrados en Fotografía e Deseño, Estudos Comparados e Profesorado de Artes Visuais. 

Ten participado en exposicións, proxeccións e residencias artísticas, así como en rodaxes e montaxes teatrais, e na actualidade compaxina a súa actividade como fotógrafa e artista coa docencia e a investigación. Esta variedade de disciplinas vese reflectida no seu proceso de traballo, onde a aproximación conceptual entrelázase coa contemplación. 

A miúdo incorpora tamén o inesperado e mesmo os erros que asoman durante o proceso creativo, sobre todo cando traballa dende a intución e as experiencias propias. Ten un especial interese nos procesos e na recepción: quen observa, onde e de que xeito, son pezas fundamentais no discurso.

https://www.instagram.com/sabelaeiriz/

3) Proceso creativo de Tono Arias: 17 de novembro de 2023 

É un fotógrafo de prensa e documental desde o ano 84, traballou en diversos medios de comunicación: Faro de Vigo, El Correo Galego, agencia EFE, El Pais, El Mundo así como tamén nas revistas Interviu e Tiempo. 

A partir do ano 2006 inicia unha nova etapa como fotógrafo independente, poñendo en marcha un estudio de fotografía na Estrada onde realiza os diversos traballos profesionais no ámbito da fotografía industrial, publicidade, moda, arquitectura, editorial e docu­mental. Así mesmo crea o primeiro banco de imáxes especializado en Galicia e online. 

No ano 2012 inicia o proxecto “DISPARA” un espazo web e físico, sito en A Estrada que é unha galería de artes visuais, librería especializada en fotolibros e editorial. Este espazo está destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía. 

Ten comisariado as exposicións colectivas “welcome to galicia” (sobre o formato impreso da postal) , “Livres” (en torno a edición de fotolibro internacional) ou Lume para o colectivo Ollo e Abanca (2023). Organiza eventos en torno a fotografía contemporánea: P2P A Estrada, evento que se desenvolve tamén en PHE (coa colaboración de 30y3 photography e outros). 

Presentacións de diversas publicacións así como talleres de fotografía impartidos por profesionais de todo o estado. Actualmente forma parte da recen creada A COLECTIVA asociación de artistas de Galicia. 

Como fotógrafo comercial ten publicado unha morea de libros, sobre a paixaxe, tradicións, arquitectura e patrimonio. en torno o ci­nema ten participado como foto fixa en algunhas produccións sendo a última “Tempo Vertical” de Lois Patiño. 

Como autor ten participado en varias exposicións individuais e colectivas.

https://www.instagram.com/tonoarias_/

4) Proceso creativo de Ariadna Silva: 1 de decembro de 2023 

No seu traballo fotográfico e audiovisual constrúe unha mirada sensible e crítica arredor de temas de interese social. 

Investiga os conceptos de desmemoria, identidade e territorio desde o seu contexto máis próximo mediante proxectos que abordan os ecocidios, as paisaxes naturais e humanas ou a autobiografía. 

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Oberta de Catalunya, Máster en Fotografía Artística e Documental pola Escuela TAI e Máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Entre os seus recoñecementos atópanse seleccións en festivais e en residencias como Canon Student Program 2017 do Visa Pour l’image de Perpignan (Francia), Encontros de Artistas Novos da Cidade da Cultura, Festival de Fotografía Pa-ta-ta ou Art Photo Bcn. Foi finalista do Premio Internacional Emerxentes 2020 dos Encontros da Imagem de Braga (Portugal), gañadora do Premio Xuventude Crea de Fotografía outorgado pola Xunta de Galicia e gañadora dunha das Bolsas Albarracín do Seminario de Fotografía e Xornalismo de Albarracín. 

Expuxo de forma individual no Festival Off de PHotoEspaña (Galería My Name’s Lolita Art), na Galería Marisa Marimón ou no Quiosco Alfonso da Coruña.

Tamén expuxo en mostras colectivas en Encontros da Imagem, na Cidade da Cultura de Galicia ou na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. 

En 2018 publica o seu primeiro fotolibro “Fillos do vento” (BANCO Editorial), un relato persoal sobre Rapa das Bestas de Sabucedo e en 2019 autopublica “Historias mínimas”, un fanzine de relatos íntimos.

Como cineasta recibiu o premio a mellor dirección de curtametraxe documental dos Premios CREA e foi seleccionada en festivais como Curtocircuíto, PlayDoc, Festival de Cans, Festival de Curtas de Vilagarcía, FIC Vía de Verín ou Cormorán Film Fest.

https://www.instagram.com/ariadna.silva.fernandez/

5) Proceso creativo de Adra Pallón:  15 de decembro de 2023  

É un fotógrafo que a través de proxectos de longa duración nos que emprega fotografía e multimedia intenta explicar os problemas sociais que están presentes na rexión ou grupo social co que se integra ou do que forma parte. 

O obxectivo de toda a súa produción fotográfica é documentar a realidade próxima, aquela na que se encontra inmerso e da que pode entender por completo os seus códigos sociais e culturais. Para levar a cabo ese labor, durante os últimos cinco anos estivo traballando en proxectos de fotografía documental e multimedia, abordando diferentes temáticas de carácter social e medioambiental a través da fotografía fixa e o audiovisual. 

 Algúns dos seus traballos persoais foron recoñecidos en diferentes certames de fotoperiodismo e fotodocumentalismo: El Galicia en Foco, Andrei Stenin International Press Photo Contest, Prémio Estação Imagem, Screenings del Visa Pour I´Image de Perpignan, II Premio Héctor Zampaglione, Poy Latam, Beca Joana Biarnés, BarThur Photo, Portfolio Reviews del New York Times, entre outros. 

https://www.instagram.com/adrapallon/