Tarde e Tardiña: espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar na Canella do Hospital nas tardes dos mércores”
Tarde e Tardiña achegará cada semana un espectáculo para público familiar con dous pases e un para adultos
A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de espectáculos Tarde e Tardiña co que a área de Cultura pretende comezar a retomar a programación habitual tras a emerxencia sanitaria. Segundo declarou Maite Ferreiro, “trátase dunha serie de espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar na Canella do Hospital durante as tardes dos mércores”. A edil de Cultura informou que “cada mércores terá lugar un espectáculo para público familiar, con dous pases ás 17 e ás 18:30 horas, e un pase para público adulto ás 21 horas”.
Maite Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura seguiranse todas as indicacións de control de aforo e seguridade indicadas polas autoridades sanitarias”. As actividades serán gratuítas, mais debido ao control de aforo será necesario retirar entrada desde o portal entadaslugo.es.
PROGRAMA:
Espectáculo para público familiar, con dous pases ás 🕤 17 e ás 18:30 horas, e un pase para público adulto ás 21 horas.
✅ Mércores 24 de xuño
Espectáculo musical Soñando Inventei de María Faltri e Jorge Juncal Papi e Mami – Fantasía coas Palabras para público infantil a partir de 3 anos con dous pases ás 17 e ás 18:30 horas, e o espectáculo de narración oral «Contaba Morrer», de Lois Pérez para público adulto.
✅ Mércores 1 de xullo
A tarde estará ocupada polo Rock&Roll da A Gramola Gominola, mentres que o público adulto poderá desfrutar á tardiña de «Normalidade Vintage», de Esther F. Carrodeguas e Juanma Lodo.
✅ Mércores 8 de xullo
Contacánticos (Iria Estévez + Gonzo Piña) traerá pola tarde o seu espectáculo Trotasongs, mentres que á tardiña, Tamara Andrés, Carlos da Aira e Daniel Irimia traerán o seu espectáculo de poesía «Pozomouro. O bosque. Unha guerra.»
✅ Mércores 15 de xullo
Uxía Lambona e a Banda Molona recollerá os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, mentres que á tardiña, O’Leo de Matamá Leo Arremecághona traerá «Sé [mente de vencer]».
✅ Mércores 22 de xullo
Narración oral e música Ovella Engracia María Lado, e á tardiña Yolanda Castaño e Isaac Garabatos traerán o seu espectáculo de música e poesía en directo «Idioma da Tinta».
✅ Mércores 29 de xullo
«Crunch!», da compañía Muu para público familiar e II Centenario Ronseltz, do Colectivo Ronseltz para público adulto.
Maite Ferreiro animou á veciñanza a “acudir a esta serie de espectáculos cos que reactivamos a programación cultural habitual do concello”.