Maio 2019 A Deputación de Lugo organiza 8 actividades para todos os públicos do 1 ao 8 de xuño. As actividades inclúen charlas, obradoiros, teatro e un planetario inchable. Este ano as ONU dedica o Día Mundial do Medio Ambiente á contaminación do aire

Programa

– Sábado 1
10:00 a 14:00 horas.- Obradoiro “Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean”. no Centro de Interpretación das Terras do Miño. (Prazas esgotadas)

– Luns 3, martes 4 e xoves 6:
17:00 ás 20:00 horas.- Planetario coa proxección dun documental sobre Cambio Climático, con pases cada hora desde as na Capela de Santa María.

– Martes 4:
10:30 a 13:00 horas.- Conferencia: “Especies invasoras na Terra Chá: Inventario, alerta temperá e propostas de erradicación” no Centro de interpretación das Terras do Miño.

– Mércores 5:
20:00 horas.- Teatro a cargo da Asociación Pinchacarneiros “Unha Noite de Esmorga”, ás 20:00 no Salón de Actos

– Mércores 5:
20:00 horas.- Conferencia: “Protección E Coidado Do Medio Ambiente (concienciación, vertidos, conservación de espazos naturais)” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

– Sábado 8:
10:00 a 14:00 horas.- Obradoiro “Libeliñas da reserva da Biosfera Terras do Miño”. no Centro de Interpretación das Terras do Miño.

Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal