Aberto o prazo para participar no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses.

Foto lde banco de imaxes libres

Agosto 2019 Se che gusta a foto tes ata o 31 de outubro de 2019 para participar no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses que organiza a Deputación.

A temática é as árbores autóctonas presentes dentro da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

“…organizamos este certame para impulsar o coñecemento das nosas árbores autóctonas e do seu valor ambiental. Procuramos fotografías de árbores con características extraordinarias, que destaquen sobre o resto, xa sexa por idade, beleza, tamaño etc. ou de masas e formacións arbóreas como soutos e carballeiras” José Luís Raposo Magdalena – Deputado de Medio Ambiente –

Poderán participar todas as persoas maiores de idade , achegando unha única fotografía que non fose premiada en anteriores certames. Poden ser en branco e negro ou en cor. Os participantes deberán entregar un CD coa imaxe e unha copia en papel fotográfico, dentro dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico, título da obra e lugar onde se realizaron.

Obterán premios as tres mellores fotografías atendendo a criterios de composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe (1600 euros en premios)

BASES