Cartel del VIII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa

Lugo Monumental convoca o VIII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 22 e 25 de febreiro coa colaboración dos locais do centro histórico.

Como todos os anos, este premio está pensado para atraer ao centro ás cuadrillas que celebran o Antroido e que enchen as rúas do colorido, a música, e por que non, a irreverencia propia desta época. Tal e como recollen as bases publicadas hoxe, entenderase como “animación” calquera actividade que as agrupacións participantes consideren oportuna (música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís…) e que contribúa a crear diversión e
ambiente rueiro no centro histórico de Lugo.

Poderanse ter en conta as mellores cancións, disfraces ou presentacións, pero o que máis pesará será a animación creada nas rúas do centro.

Como inscribirse? É moi sinxelo:

1. Para optar ao premio os participantes deberán enviar un correo electrónico ao enderezo asociacion@lugomonumental.es ou unha mensaxe de Whatsapp ao número 644 637 444 cos seguintes datos:
a. Nome do grupo
b. Número de participantes e descrición da animación
c. Nome dunha persoa de contacto, teléfono e enderezo electrónico

2. O prazo de inscrición abrirase no momento da publicación destas bases e finalizará o día 21 de febreiro ás 23:59 horas.

3. A inscrición é gratuita.

Cada agrupación designará a un representante, que será o único interlocutor válido coa Organización para todos os efectos. En caso de resultar premiada, a agrupación faculta expresamente ao representante para recoller o premio obtido

PREMIOS.

Poderán obterse tres premios:

1º Premio: vales por importe de 600,00 euros
2º Premio vales por importe de 300,00 euros
3º Premio vales por importe de 100,00 euros

Os premios entregaranse en vales de 50,00 euros trocables nas empresas asociadas a Lugo Monumental.

Quen vota aos grupos?

Os locais participantes son os que emitirán os seus votos, polo que é importante que os grupos se centren en animar as zonas onde se sitúan os 18 xuíces. Entregaráselles unha listaxe de locais con dereito a voto, que figuran nas bases da convocatoria.

Plano del VIII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa