A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua ven de informar de novas visitas guiadas por Lugo a sumar aos «Paseos ó Solpor» que xa están en funcionamento. O novo ciclo de visitas son «25 Paseos por Lugo» durante as fins de semana de agosto e setembro, guiados pola guía turística Ana Quintas. O edil de Educación, Felipe Rivas, declarou que “desde a área de Turismo continuamos a propoñer actividades para coñecer o noso concello durante os meses de verán”.
As visitas terán lugar os venres, sábados e domingos de agosto e setembro ás 12:30 horas. “Sairán da praza do Campo e percorrerán os principais atractivos turísticos da cidade”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “trátase dunha actividade gratuíta mais é preciso anotarse previamente na oficina de turismo para controlar a cabida de cada unha das visitas, que está limitado a 20 persoas”.
O edil de Educación lembrou que “será necesario o uso de máscaras e o mantemento da distancia interpersoal, seguindo coas indicacións das autoridades sanitarias”. Felipe Rivas animou a “visitar Lugo e coñecer a nosa historia e o noso patrimonio”.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte