Este verán 2022 a área de Cultura organiza novas visitas turísticas pola zona histórica da cidade, polas mostras de arte urbano de Lugo e visitas teatralizadas por Achádego Teatro ao Vello Cárcere.

Están abertas ás personas que nos visiten e a toda a veciñanza. Son gratuítas con inscrición previa, que se poderá realizar na Oficina de Turismo Municipal tanto de xeito presencial como a través do teléfono 982 251 658 no caso das visitas ao centro histórico de Lugo e as visitas á arte urbana de Lugo. 

A inscrición nas visitas teatralizadas ao Vello Cárcere é no teléfono do Vello Cárcere 982 29 71 95 ou no correo electrónico vellocarcere@lugo.gal

VISITAS GUIADAS LUGO VERÁN 2022:
VISITAS POLO RECINTO HISTÓRICO

Ás 12.30h os días

3, 4, 5 e 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de xuño.

1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de xullo.

5, 6, 7, 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de agosto.

2, 3, 4, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de setembro.

PASEARTE – PERCORRIDO POLO ARTE URBANO DA CIDADE)

Guía: Guido Guía

Ás 17h (ata ás 19h):

2 e 18 de xuño.

1, 2, 7, 8, 21, e 22 de xullo.

5, 6, 12, 18 e 19 de agosto.

2, 3, 9, 16, 23, 24, 30 de setembro.

VISISTAS TEATRALIZADAS AO VELLO CARCERE

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou tamén que o vindeiro sábado 4 de xuño comezan as visitas teatralizadas ao Centro Socio Cultural O Vello Cárcere.

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Achádego Teatro presentan un percorrido pola historia de tan singular edificio dende a súa construción e primeiros usos até a súa conversión actual en Centro Sociocultural e continente de todo tipo de actividades culturais e centro expositivo.

A visita teatralizada, dunha hora de duración, levará aos visitantes a outra época, xogará co tempo e o espazo para poder ofrecer unha mostra da nosa historia, non so do Cárcere, senón da propia cidade na que a mesma leva presente dende finais do século 19.

Nemesio Cobreros, Jeremy Bentham, Enriqueta Otero, Rafael de Vega, Gregorio Sanz e moitas outras personaxes construirán un relato vivo do que nesa Cárcere aconteceu e da historia da mesma e a súa relación coa cidade.

A primeira visita será este 4 de xuño ás 12:30h e completaranse, nun primeiro momento con outras dúas, unha no mes de xullo e outra en setembro.

Aquelas persoas que queran apuntarse e disfrutar da experiencia poden facelo a través do teléfono do Vello Cárcere;  982 29 71 95 ou no correo electrónico vellocarcere@lugo.gal