Importante novidade no Viva O San Froilán, proxecto que iniciamos no 2017 e que ocupaba unha sección deste medio cultural dixital, agora ten web propia onde poden verse todas as edicións e desfrutar de fotografías e ilustracións das festas.

O Viva O San Froilán ten por obxecto dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. Ademáis de crear un arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Ata agora participaron: Adra Pallon Noelia Álvarez Grand. Artesanía Gráfica I. Mouronte B. Miguel Pedrouzo Fotografía Bego Pérez Fotógrafa, o Loopez,Belén Cordero, César López Suárez, María Viso, e Javier Rey.

Visita a súa web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/

Proxecto de Viva Lugo que conta co apoio de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo