A área de Cultura do Concello dalle un pulo ao Festival Cartografía en Movemento

Setembro 2019 O veñimos dicindo edición tras edición, o Festival Cartografía en Movemento é das mellores citas culturais de Lugo e ven de recibir unha boa noticia: o apoio de Cultura do Concello para así aumentar a súa programación ofrecendo máis datas e contidos de calidade suprema:

O xoves 26 terá lugar a presentación do libro Fulgor, da editorial lucense Ámboa, recentemente posta en marcha e da que neste artigos vos dimos boa conta

O venres 27, a bailarina lucense Esther Latorre, presentará a peza MAPA, gañadora do Certame Internacional de Coreografía Burgos-Nova Iork na categoría de espectáculos de rúa. Por outra banda, a actriz e bailarina galega Ánxela Blanco presentará Voos, peza creada no marco da Residencia Paraíso do 2018 (Pza de Santa María). Ademáis a bailarina Kirenia C. Martínez Acosta fará unha intervención na Porta de Santiago.

O sábado 28 haberá mostras durante todo o día e en distintos puntos da cidade, constelacións artísticas a seguir e non perder.

 

cartografia-movemento-presentacion
A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe xunto con membros da Asociación 3 Monos a oitava edición do festival de artes na rúa Cartografía en Movemento, que se desenvolverá nas rúas da cidade 26 ao 28 de setembro.
cartografia-movemento-lugo