ABRIL 2018 Ven de rematar a III Fin de curta e Lugo volve a ter unha troupe do cinema polas súas rúas: a zona de viños, a Tinería e o mítico Ferreiros son algúns dos escearios de rodaxe da curtametraxe «Sen título» este fin de semana do 21-22 de abril.
Ángel Filgueira González– director, actor – , Sara Iglesias -producción – Ana Bello – vestuario e arte – e Lucía Pan (fotografía) capitanean un equipo de 20 profesionais e semiprofesionais (colaboran alumnos/as da Fundación TIC), a maioría mulleres, nunha curta de plantexamento tan orixinal como arriscado na que vai ser un reto para o espectador saber que é verdadeiro e que actuado e falso durante a metraxe.
A curta conta coa colaboración de Lugo Monumental, a Fundación TIC, In the lamp, o gran Kike Ganso fará un cameo e pequenas empresas e moita xente puxo o seu gran de area para que este fin de semana poderan decir eso de … ¡rodando!