- Este evento ha pasado.
Microefectos Dramatúrxicos Decembro 2025 (tamén ás 22:30)

Microefectos Dramatúrxicos Decembro 2025
Xoves 4, venres 5 e sábado 6 de decembro. Ás 20:30 e ás 22:30. Club Clavicémbalo de Lugo
O grupo, que cumpriu doce anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
– Goodbye Salazar Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Brais García e Anxo Manoel
– Do descanso: dó de peito Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: María Grandío, Raquel López Cendán, Elvira Velasco e Brian Rodríguez.
– Disfunción pública Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Elvira Velasco, María Grandío, Brian Rodríguez e Raquel López Cendán.
– Con boa estrela Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero e Elvira Velasco.
Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://woutick.com/es/entradas/microefectos-dramaturxicos-decembro-2025
Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
Instagram: https://www.instagram.com/microefectos/
Facebook: https://www.facebook.com/microefectos
Canle de YouTube: https://www.youtube.com/@Microefectos/featured





























