Aberta en Lugo unha exposición con máis de 1000 pezas sobre David Bowie

A expo que ven de abrir ao público no Museo Interactivo da Historia de Lugo está composta de vinilos, películas, libros, cadros, pósters, revistas e multitude de obxectos – máis de 1.000 pezas – sobre David Bowie, facendo así un recorrido completo pola súa vida profesional ademáis de descubrir obxectos únicos e rarezas que teñen moi poucas persoas no mundo.

Entre os máis de 500 elepés e singles que integran a exposición, atópase a edición española de Space Odity, unha das pezas máis valiosas e buscadas da colección xunto ao libro do fotógrafo Mick Rook, The Rise of David Bowie 1972-1973. Está asinado por ambos artistas e é o número 1775 de 1972 exemplares.

Pero ademais da extensa discografía, tamén hai unha trintena de películas, vídeos musicais e libros que fan referencia a este artista. Algún raros, como é o caso da cinta Soldier, na que sae dous segundos e nin tan sequera o seu nome aparece nos créditos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e de Carlos Luxor (dono da colección) inauguroraron a exposición

Horario da exposición

Se poderá visitar ata o 26 de abril, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde

O MIHL está situado no Parque da Milagrosa con acceso dende o propio parque e dende a Avenida Infanta Elena, Duquesa de Lugo.

Sobre Carlos Luxor

Carlos Luxor formou parte de distintos grupos leoneses que xurdiron nos anos 80, como Berlín Interior e Os Positivos, co que continúa despois de trinta anos. Tamén foi membro de Metálicos, xunto a Luís Miguélez e Juan Tormento. Tamén colaborou con outras bandas nacionais como Alaska e Fangoria e actuou con Pedro Almodóvar, Fabio McNamara e Bernardo Bonezzi.
 
Ata os anos 90 o seu traballo centrábase na música, pero como resultado da súa amizade co falecido Tino Casal e o pintor Antonio Villatoro, comezou a combinalo coa pintura. A súa primeira exposición en 1994 foi no Palacio de Gaviria de Madrid.