María Xosé Silvar «Ses» toca todas as fibras sensibles no seu concerto do San Froilán

Mira as fotos da xente: seriedade, alegría … miradas perdidas… tristura, morriña… miradas cercanas, encontradas. Ledicia, enerxía, arroutada, paixón, forza e cantar con ela ata rachar a voz. SES consiguiu tocar todas as emocións do público coas súas cancións e, sobre todo, coa sua cercanía.

SES tirou de repertorio dos seus tres discos e de cancións do seu próximo lanzamento «Opoñerse á extinción» – sae o 2 de decembro – e falou, como ela fala de ben, de asuntos de máxima gravidade: desigualdades sociais que denuncia como ninguén desde o escenario e que oxalá outras persoas con audiencia a copiaran.

Fotos do concerto:


Clica nas fotos para as ver en maior tamaño.
Comparte comparte comparte arte: licencia Creative Commons: reconocimiento- non comercial- sen obras derivadas (comparte citando a fonte e non vendas as fotos)
Artículo: Marcos López Fotos: Marcos LoopezComparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte